Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 5 de 71 | Anterior12345678910... 71Seguinte

eu veo a mina mama Gloria Salgado se finou 2004; a muller que esta de rodillas o lao de (Manuel Pol). temen esta Candida e Arcadio, Salitario e Elvira; familia de xan. agachado creo que e o avuelo meu

Penso que debe de ser VIRGILIO DE NUCA

Eu tamén participei nesta carreira ,é"NUNCA TANTA VERGONZA PASEI, SUBINDO POR DIANTE DO BAR Ó VOLANTE TUVERONME QUE ARREPUXAR........ DIOS MIO QUE VERGONZA " ..

COMENTARIO SOBRE ESTA FOTOGRAFIA -20 DE OCTUBRE -2013 cando se fixeron esas pegatinas que el nombra ,foramos da comisión de festas :José Antonio do ferrador ,Nieto,é eu , empezara tamén con nosotros Suso de Bouza, pero un mes ou dous antes da festa morreralle sua mai ,é entonces deixouno, ademáis se vos fixades a plaza estaba ainda sin adoquinar ,é decir que esta foto é mais antigua ,cando nosotros fixemos esa festa, foi nos anos entre 1968 , ou 1970 ou 71 , é a plaza debeuse de adoquinar no ano 1962 ou 1963 aproximadamente.

Subiuse unha nova foto 2013-07-10 12:52:47

Antonio Veres Roibás, mestre da escola de Santa Marta de Meilán foi un gran impulsor da práctica deportiva entre os escolares. Na foto, tomada na parte traseira do museo de Lugo, aparecen os nenos logo dunha competición deportiva de atletismo. A maioría dos que aparecen na foto son de Santa Marta: Jorge de Sachas, Alejandro do Gallego, Isidro, Fernando e Jorge do Cobo, Jorge da Conexa; Daniel e Jorge, estes de Espasande de Riba. Entre as nenas está Amadora

Grazas pola aclaración. Pasamos a actulaizar os datos

A foto ten que ser de 1956 máis ou menos pola idade de Xosé Mario Cabo, fillo de Xosé Cabo Villar.

Ana fixo un novo comentario 2013-05-20 15:44:33

Vaia sorpresa! Miro para Elvita Ramallal e vexo a Nuria Salvatierra. Por certo Elvita de primeiro apelido é Gavín. A Daniel o que é de Daniel.

Subiuse unha nova foto 2013-05-10 13:04:33

O 20 de decembro do ano 1.835, o Alcalde do Concello de Riotorto (Pedro Valentín Iglesias, que residía no Grandal), á fronte dun grupo de veciños da parroquia de Santa Marta de Meilán, atacan unha partida carlista no lugar de Rececende, conseguindo dispersala e capturar a catro dos seus compoñentes, os cales foron inmediatamente trasladados e ingresados no cárcere de Mondoñedo. Na cidade Episcopal son pasados polas armas os días 28 e 29 de decembro de 1.835. Os nomes dos fusilados eran: 1) Ramón Lipín. "El 28 de decembro de 1.835 murió administrado de los Santos Sacramentos de Penitencia y Eucaristía. Ramón Lipín, vecino de la parroquia de Santiago de Martín, Ayuntamiento de Baleira, Obispado de Lugo, pasado por las armas y en el mismo día fue conducido su cadáver al Campo Santo de esta ciudad". 2) Joaquín Graña Gómez, veciño da parroquia de Santa Eulalia de Piquín, Bispado de Lugo. O día 29, morre fusilado tamén en Mondoñedo. 3) Antonio Saavedra González, veciño da parroquia de Santiago de Martín, Concello de Baleira, Bispado de Lugo e 4) Miguel Barreiro Alonso, natural da parroquia de Santiago de Bayón, Bispado de Tui. [Arquivo Diocesano de Mondoñedo, parroquia de Santiago, libro 15 de defuncións, folios 162 volto e 163].Información obtida do blog de Andrés García Doural

Na fotografía aparece un recorte do xornal El Español onde se fai mención a dito suceso. E na imaxe relacionada pódese visualizar a cabeceira do xornal correspondente ó 7 de xaneiro de 1836, día da publicación da nova

Subiuse unha nova foto 2013-05-06 11:01:30

Elvita Gavín Ramallal, Vincenzo di Frischia e Rosa Fernández Ramallal (a pícara máis pequena) desfrutando na Augaxosa dun longo verán de mediados dos setenta