Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 58 de 71 | Anterior1 ...53545556575859606162... 71Seguinte
Eloi fixo un novo comentario 2009-10-19 16:59:23

Grazas, Hortensia. Xa está correxido

Grazas Hortensia. Pasamos a incorporar ese dato a descripción

Subiuse unha nova foto 2009-10-18 20:34:38

Formación do equipo do Sporting Riotorto nos anos sesenta. De pé: Gabelo (porteiro), Manolo de Xalán, Xusto Moirón, Benedicto de Nuca, Federico (Xique) de Rigueiro e Tito de Carboeiro; agachados: Pepe de Murias, Venancio de Carrao, Virgilio de Nuca, Pepe de Mazón e Pepe do Caboxo (de Espasande de Baixo)

Subiuse unha nova foto 2009-10-18 20:19:18

Catro segadores en plena faena na Valboa (preto das Veigas). En primeiro plano Inocente da panadería (alcalde de Riotorto nos anos oitenta), ó seu carón Jose María Moirón e Toño de Murias

Hortensia fixo un novo comentario 2009-10-15 19:23:31

A MAQUINA E A LIMPIADORA NON A MAQUINA DE MALLAR

hortensia fixo un novo comentario 2009-10-15 19:02:53

Falta o nome da ocvtava persoa Adelita do sarafo

Subiuse unha nova foto 2009-10-15 17:25:54

Un grupo de mozas levando as cestas co chocolate para os nenos o día das comunións en San Pedro: Carmiña do Mazo, Carmen (a axudante de Don Remigio), Ildara, Antonia de Rigueiro, Gloria de Darío, Práxedes, Ofelia de Cariños, Adelita do Sarafo, Otilia de Nuca e Mercedes de Toño do Rego

Subiuse unha nova foto 2009-10-14 17:24:59

Mariluz de Rigueiro, Mari de Carballeira, Alicia do Caldeireiro, Amelia de Cachán, Raquel do Carrolo, Ézel de Martínez, Marité de Visita, Maruja de Xacobe, Margarita do Carrolo e Pilar de Moirón eran unhas nenas cando participaron nun recital de poesía co gallo do día das flores

Subiuse unha nova foto 2009-10-13 20:05:55

O golpe militar de 1936 levou ó cárcere ó alcalde Antonio Bermúdez Leivas. Tiveron que pasar corenta e tres anos para que Riotorto contara de novo cunha corporación municipal elexida democráticamente. O 3 de abril do 1979 celebráronse as primeiras eleccións, conseguindo a victoria unha candidatura independente liderada polo veterinario Francisco Hernández Macarro con 1385 votos (84,55 por cento), fronte ás outras dúas opcións: Unha da Unión de Centro Democrático (UCD) encabezada por Víctor González Leivas, con 206 votos (12,58 por cento); e a outra do Bloque Nacional Popular Galego (BNPG) liderada polo histórico nacionalista Horacio Fiallega Lorigados, con 47 votos (2,87 por cento). Na foto aparecen: Pedrín de Petís (secretario) e Pepe de Julio (o porteiro). Polos independentes: Castrín, Inocente, Ángel, García, Macarro, Cartas da Órrea, Costa de Galegos, Bernardo de Aldurfe, Roberto e o Navego. Pola UCD, Víctor do Sabelo

Subiuse unha nova foto 2009-10-08 17:08:07

Marica do Crego de Ferreiravella, cos seus fillos Josefa (e o seu marido), Dominica, José María, José, Paco, César e Alicia (a máis nova). Tamén está un matrimonio amigo da familia. A foto foi feita o 7 de xaneiro, día no que se celebran as festas patronais de Ferreiravella, na honra a San Xillao. É de principios dos anos vinte, concretamente entre 1920 e 1922