Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 59 de 71 | Anterior1 ...54555657585960616263... 71Seguinte
Eloi fixo un novo comentario 2009-10-08 15:50:51

Segundo me dixo Luis de Murias, parece ser que este foi o primeiro mercado que se celebrou despois da Guerra Civil, así que debeu ser en 1939

Eloi fixo un novo comentario 2009-10-06 23:14:57

Grazas pola información, Fede. Sabes os nomes dos que saen na foto?

Eloi fixo un novo comentario 2009-10-06 23:12:08

Grazas pola información, Pepe. Eses de Adolfo, teñen algo que ver con Adolfo Rivas Bermúdez? Foi un dos fundadores do xornal "El Agricultor" en 1907, e tamén foi fiscal municipal.

Lito fixo un novo comentario 2009-10-06 20:12:36

Antes sempre se difrutaba con tódolos actos culturais que se facían.

Pedro fixo un novo comentario 2009-10-05 19:20:46

Nalgunhas culturas, a Bretona entre elas, era costume que o ."canteiro maior" deixase a súa firma na obra construída. Xeralmente esta impronta correspondía cunha representación da face de sí mesmo. Hai outros exemplos no noso arredor: na igrexa de Conforto, nunha casa en Vilanova de Lourenzá, nun cabozo en Ourol,... De feito, na Bretaña, incluso era costume que o nome do canteiro quedara escrito nos dentes da figura que o representaba.

Subiuse unha nova foto 2009-10-05 18:17:39

A torre de San Pedro é un dos principais símbolos de Riotorto. Data do ano 1762 e forma parte da estrutura primitiva da igrexa. No interior ten unha escaleira de caracol e nun recanto presenta unha imaxe dun home con barba. Na foto aparecen en primeiro término Alejandro do Carrolo, Luis, don Remigio (cura) e José Rivas (pai de Rosy)

Encontreime na segunda fila, empezando pola dereita, o segundo o lado de Jose Neira e a misma altura no outro lado Jose Carlos Lopez Rodriguez

Na fila de sentados, o que está no centro e José de Porrás, tio de Pejerto. A sua izquierda está Pepe do Queitano, que no comentario chamaislle Antonio, e que foi presidente de ese club. A izquierda de Pepe, está Segismundo, que estaba casado con Antonia do Queitano. O que está a izquierda, con gafas, e Cacharrón,naceu no Mazo de ferreiravella, era primo de José Mª do queitano. Na fila datras, o que está sin pelo, e José de Adolfo, do Mazo de Ferreiravella, irman do que foi cura de Villamea, D. Xuxto de Adolfo.

Agustín fixo un novo comentario 2009-10-04 22:26:54

A que chamades Matilde de Rececende en realidade e Teresa que é de Rececende que está casada con Abelardo, e a cuñada de Matilde do Sepe. O que está o lado de Antuxo e Randa, o home de Genoveva. Enhoraboa pola páxina.

Subiuse unha nova foto 2009-10-04 18:03:32

Jano e José Luis foron retratados por Teodoro de Chacín o 23 de xuño do ano 1967 co escaparate da casa Legaspi como fondo