Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 69 de 71 | Anterior1 ...62636465666768697071Seguinte
Subiuse unha nova foto 2009-08-27 14:53:48

Unha panorámica das Rodrigas feita dende o monte do Bispo

Alguén sabe onde pode estar sacada esta foto?

Tere fixo un novo comentario 2009-08-27 09:34:22

Creo que hai datos que están mal, miña nai non aparece.Creo que son, de pé:Xique de Rigueiro, Pin da Pontenova, Basora (irmán de María Inés do ´Roxo), Purita de Moirón, Maruja e Herminia de Carrao e Venancio do Vilego de Sta. Marta. Agachados: Manolo de Bouza, un dos Rivas (creo que o pai de Martín), meu pai, Luis de Gallo e o último parécenos que é un irmau de Cuqui de Carboeiro.

Miguel fixo un novo comentario 2009-08-26 19:25:55

Detrás de Benigno está Agustín de Candaede

Eva fixo un novo comentario 2009-08-26 18:10:57

Eu consigo identificar a algún mais. Na primeira fila: Noelia, Lourdes, Rosa Mª de Orrea, Merche, penso que Pili de Gallo a quinta, sigue Mª del Mar e Loly. As duas da segunda fila do medio son Emilia e Inés de Val. Na parte da dreita: Pepe de Santa Marta, Benigno, José Neira e un rapaz de Vilaseca. O resto eu quixera saber quen son!!!

Subiuse unha nova foto 2009-08-26 18:08:21

No ano 1918 celebrouse unha "santa misión", ou misión popular, na parroquia de San Pedro de Riotorto. Na foto vemos xente asistindo a un dos sermóns

Goretti fixo un novo comentario 2009-08-26 16:57:40

Esa foto de Manolo de Gavelo, Félix e Mingo está na páxina do Facebook do San Cristovo e a do barco anda unha pola casa de meus pais...habería que rebuscar...

Bonia fixo un novo comentario 2009-08-26 16:03:18

Non o recordo moi ben. Creo recordar que concursaban Manolo de Gavelo, Félix, Mingo, Pancho e todos eses con un coche. Pero non estou segura si eran eles ou un barco que traian os de Lourenzá quenes nos disputaban o primeiro premio.

Subiuse unha nova foto 2009-08-26 15:10:50

O día 8 de xullo de 1926 a familia do Arrieiro de Espasande de Riba fotografouse na celebración da festa do Carme a carón do muiño da Soledá en Bretoña. Esta imaxe, como era costume na época, serviu para facer unha postal de recordo

efectivamente pola paisaxe non pode ser Espasande de BAixo