Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 70 de 71 | Anterior1 ...62636465666768697071Seguinte
Eloi fixo un novo comentario 2009-08-25 16:49:42

Conseguimos identificar a algunhas persoas, aínda que habería que contrastalo. Sentados: Manolo de Gallo (5º pola esquerda, detras da madriña), Manolo de Bouza (1º pola dereita), o Navego (2º pola dereita), o Cueiro de Rececende (3º pola dereita), Luis de Gallo (1º pola esquerda), Tasio de Fontes (2º pola esquerda). De pé: o da Fonte de Chacín (2º pola esquerda), Sabino de Roque (2º pola dereita). O partido sería no Chao da Veiga, xusto onde está hoxe o campo de fútbol.

Eloi fixo un novo comentario 2009-08-25 16:42:42

De pé: Xique de Rigueiro, ?, ?, Marité de Vega, Ofelia de Porrás, ?, ?. Agachados: Bouza, un dos de Gabelo, o Navego, Luis de Gallo (?), ?. A información déunola un "comité de sabios" formado por Pepe do Queitano, Gerardo do Coxo e meu pai.

Eloi fixo un novo comentario 2009-08-25 16:37:33

A información que temos está errada. Dime Pepe do Queitano que esta é unha "selección" de Ferreiravella (con varios reforzos de Espasande de Baixo), que xogou nas festas de Aldurfe contra o equipo local. A aliñación é, de esquerda a dereita, de pé: Raimundo, o Cordobés, Fontes, Ernesto, Pepe da Neira e Manolo de Viñavella. Agachados: Gervasio do Páxaro, Pepe do Queitano, Xusto do Baralleiro, Cándido (Chavita) e Toño do Louro. Parece ser que unha das casas que se ven ao fondo é a de Helio de Perico; nese campo era onde se celebraban habitualmente os partidos en Aldurfe

Eloi fixo un novo comentario 2009-08-25 16:29:50

Dinme que o que está detrás da máquina é Fonso do Milleiro

Eloi fixo un novo comentario 2009-08-25 16:28:18

Dime Pepe do Queitano que o partido probablemente era Aldurfe contra Ferreiravella, parece ser que houbo sempre moita rivalidade entre estas dúas parroquias. Este equipo sería a "selección" de Aldurfe, reforzada con varios xogadores de Espasande de Riba.

Eloi fixo un novo comentario 2009-08-25 16:25:08

Conseguimos identificar a case todos, de esquerda a dereita: o Bagolo, Villada, Benjamín do Abelleiro, ?, Manolo do Xastre (do Teixeiro), Manuel de Elías, o profesor (era asturiano), Bureira, Milio do Roxo, Benedicto de Nuca, Cartas de Santa Comba (?), Tasio de Fontes, Luis de Gallo, Milio do Caldeireiro e Abelardo de Xuana. Esta información deuma meu tío Manolo do Abelleiro.

Eloi fixo un novo comentario 2009-08-25 16:21:16

Grazas pola información, sabes se é do mesmo ano ca estoutra foto?: http://www.riotortonotempo.org/imaxe/carrozas-no-dia-de-san-pedro/

Goretti fixo un novo comentario 2009-08-25 10:39:53

Eu teño esta mesma carroza sacada dende o frente, miña nai é a nena que vai dentro á esquerda disfrazada de galega. Tamén distingo a Toño de Drogas, a Manolo de Nuca, a Manolo do Pinto, Pedro de Santa Marta....

Grazas pola información. O noso informante non tiña claro se era do San Pedro ou do San Isidro. Lémbrase de quen puido ser o fotografo?

La foto corresponde al año 1963 en las fiestas de San pedro, que fue la primera vez que se hizo desfile de carrozas, que más adelante pasaron a San Cristóbal. Estas fiestas fueron organizadas por Pepe de Veiga, Ferrador de Val, otro que no recuerdo del Llano y yo. Se vendió la pegatina de "Se a Riotorto chegas, amigo levas" La corroza es la del Teixeiro y quien aplaude en primer plano soy yo.