
Grazas por inaugurar os comentarios Bonia. Lémbraste de quen máis presentara carroza aquel ano?
Sandra, Bonia, Elsa, Luisa, Mónica, Begoña, Mari, María José, María Teresa e Maricarmen. Ano 1986. Gañamos o primeiro premio. 40000 pesetas daquela época.
Procesión ó redor da igrexa de San Pedro co gallo das comunións. Aparecen, entre outros: Horacio do Curral, un fillo de Rafael de Val, Ángel do Carrolo, Ameliña de Cachán, Pilar e Teresa de Benitín e Mariluz de Rigueiro
Foto da tómbola de Gómez, que durante tantos anos acompañou a celebración das festas de Riotorto. A súa chegada anunciaba o inicio das festas
Enio, o Serrano, Primo, Toño e Antoñito de Drogas, entre outros, disfrutando dunha merenda na Croa polas festas de Riotorto. Tamén sae Teodoro de Chacin, o fotógrafo
Enio pasando o seu Land Rover na bendición do San Cristovo. Ó fondo vemos a tómbola de Gómez que tantos anos acompañou a festa. Vemos tamén como se estaba a construir a nova casa dos de Abadín