
Nesta imaxe do 4 de agosto de 1968 aparecen veciños de Riotorto nunha merenda a carón do santuario. Están, entre outros: Pata, Angélica, Modesto de García, Aida, Fina e Toñito do Rego. A foto foi revelada en Foto Edelmiro (Xinzo, A Pontenova)
Gracias por tu comentario, aprovecho para felicitaros a todos la Navidad. te mando mi e-mail : r.vidalsaldanje@free.fr
Hola a todos la que esta a mi lado no es Auria pero tampoco se quien es creo que si es alguien de Augaxosa, que bonita foto...........
A nena que puxen que era Aurelia, non é , é Auria, pero despois Vicente todos coinciden en teu tío e túa nai...... un saúdo...
Por fín!!! a nena das trenzas é: Idalia Fiallega Castro de Vilaseca...
Actualizamos a información. Grazas por participar. Se tes algunha foto de antes pódesnola enviar a info@riotortonotempo.org
o terceiro pola esquerda é Bouza ( o pai de Manolo de Bouza)
según meu pai (Manolo de Bouza), o sitio e Saldanxe, partido xogado día da festa
Pepín de Lourín é neto do ferreiro da Ermida. De neno, e durante as vacacións, saía alindar as vacas por detrás da casa dos avós, nuns prados en pendente: "Ás veces tiña que correr a tumba aberta porque ós animais non lles facía gracia que xogaran con eles". Hoxendía vive en Murcia e traballa como xornalista na axencia EFE. De mozo escribiu algún artigo en "El Progreso" sobre os ferreiros de Riotorto.
Información aparecida na revista "Vida Gallega", editada en Bos Aires nos anos 20 e 30, relativa á homenaxe que a sociedade "Hijos del ayuntamiento de Riotorto" rendeu a Luis Pérez González "Fontes", quen foi alcalde de Riotorto entre os anos 1868 e 1875. Fontes promoveu a construción da actual Casa do Concello, onde se ubicaron as escolas públicas de nenos e nenas, ademais do xulgado e o cárcere.
O alcalde Fontes dirixiu o concello nuns anos moi convulsos: comezou o seu mandato coa revolución de 1868 e rematou coa proclamación da I República e a restauración borbónica con Alfonso XII. O seu caracter liberal e demócrata levouno a enfrontarse ós carlistas, nas revoltas que se produciron no marco da III Guerra Carlista. Todo isto ocasionoulle inimizades polas que tivo que dar conta de certos asuntos diante da xustiza.
A sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Riotorto" promoveu a elaboración do busto de bronce que na súa honra aínda hoxe preside a casa do concello.