Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
87 fotografías | Páxina 14 de 15 | Anterior1 ...6789101112131415Seguinte

Rosende de Viñavella

Rosende coa familia nunha postal de 1935, ainda que a foto supoñemos que poida ser sacada arredor do 1915

Lugar descoñecido, 1915

Na emigración arxentina

Josefa García Castañal, avoa dos do Treso e dos de Viñavella de Espasande de Baixo, nunha postal enviada desde a...

Arxentina, década de 1930

O Mazo e A Veiga

Podemos ver parte da fermosa galería que tiña a casa de Moirón. Foto sacada en Marzo de 1949

O Mazo (Riotorto), 1949

Amigos na Cruz dos Caídos

Aparecen Mario de Drogas, Arcadio de Guxín (abaixo), Manolo de Loride e Fontes

As Rodrigas, década de 1960

Paisaxe nevada

Podemos ver ó fondo o pobo de Cachán e a casa da Rancaña

Cachán, data descoñecida

Traxes tradicionais

Mulleres de Ferreiravella vestidas con traxes tradicionais galegos

Ferreiravella, data descoñecida