Riotorto no tempo

Cerimonias

Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

A aposta

Nesta foto dos anos 60, podemos ver a José de David, coñecido por Pin, pasando a súa moto Bultaco Mercurio no día de San Cristovo. Levaba con el o colchón e o cántaro de recoller o leite de Espasande de Riba e O Teixeiro, por mor dunha aposta que fixera con Primo de Rigueiro e con don Hernán, cura de Santa Marta. Na foto vemos ó propio don Hernán (no palco, á dereita) e máis a don Vicente, cura de Riotorto (á esquerda). José de David tivo durante moitos anos unha tenda de roupa e tecidos na Praza das Rodrigas, que agora rexenta a súa filla Loli

As Rodrigas, década de 1960

Etiquetas: Bendición, Cura, San Cristovo, Torre de San Pedro

Arquivo: Loli de David