
A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
2011-12-12 18:44:31
O pasado día 9 de decembro enterrábamos a Antonio Valle Portela "Costa", un dos últimos integrantes da banda de música de Riotorto, máis concretamente dos que poderíamos considerar os fundadores da mesma. Segundo nos contaba fai algún tempo, deste grupo vivía tamén Pértega, que estaba nunha residencia de anciáns en Burela. Deixounos tamén unha copia desta foto e outra máis que publicaremos en breve. Descanse en paz
Formación da banda de música de Riotorto. De esquerda a dereita: Generoso da Pértega e Jesús de Valente (clarinete), Costa (trompeta), Núñez (saxo alto), Inocencio de Cachán (saxo tenor), Pértega (trombón), o Correo de Santa Marta (bombardino) e Pepito de Vilaoudriz (caixa)
Lugar descoñecido, data descoñecida
Etiquetas: Música
Arquivo: Inocencio de Cachán