Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

GABRIEL TREITAS LÓPEZ

2010-09-28 20:41:45

DESEXARÍA SABER CALES SON OS COMPOÑENTES DA BANDA

arrincadeira

2010-10-04 14:52:37

Unha formación clásica da banda era: Generoso da Pértega e Jesús de Valente (clarinete), Costa (trompeta), Núñez (saxo alto), Inocencio de Cachán (saxo tenor), Pértega (trombón), o Correo de Santa Marta (bombardino) e Pepito de Vilaoudriz (caixa)

Eloi

2010-10-04 18:45:40

Comparándoa con estoutra foto da banda:
http://riotortonotempo.org/imaxe/a-banda-de-musica-de-riotorto-ii/
eu diría que son, de esquerda a dereita: Pepito de Vilaoudriz, Inocencio de Cachán, Núñez, Generoso da Pértega, Jesús de Valente, Costa, Pértega e o Correo de Santa Marta. Hai outra foto máis da banda:
http://riotortonotempo.org/imaxe/a-banda-de-musica-de-riotorto/
na que aparecen ademais Pepe de Cachán, Manuel do Sacabinllo (outros din que é o Carabinero), Fernando Treitas e David Treitas.
Gabriel: poderías dicirnos de que época é esa foto onde aparecen teus tíos, e onde foi feita? Saúdos

Máis imaxes

A banda de música na feira da Augaxosa

Polos anos corenta e cincuenta era habitual que a banda de música de Riotorto amenizara as feiras das San Lucas da Augaxosa

A Augaxosa, década de 1950

Etiquetas: Música

Arquivo: Inocencio de Cachán

Fotógrafo: Teodoro