Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
A familia Picapedra Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Azu

2012-04-20 09:39:35

Nesta carroza participamos un grupo de amigos de Ferreiravella: Pepe que conducía (está de espaldas na rúa), Anxo e José Manuel do Louro (están subidos na carroza), Trini (de perruca branca na parte alta da carroza), Raquel (está sentada), Ángeles (está sentada de espaldas), Azu (sentada con perruca branca), Maribel, José Gabriel, M. Mar .... ¡Que bos recordos!. Un bico para todos

Azu

2012-04-20 12:33:54

Na imaxe relacionada aparecen: Pepe (primeiro pola esquerda), Ángel, Azu, José Manuel, Maribel (sentada) e Raquel (sentada)

Arrincadeira

2012-05-21 14:18:38

Grazas polos datos, Azu. Actualizamos a descrición

Máis imaxes

A familia Picapedra

Mozos de Ferreiravella a carón do bar de Vega, en plena "performance" coa que se presentaron ó concurso de carrozas do San Cristovo, caracterizados da familia Picapedra. Nesta carroza participaron un grupo de amigos de Ferreiravella: Pepe, que conducía (de costas, na rúa), Anxo e José Manuel do Louro (subidos na carroza), Trini (de perruca branca, na parte alta da carroza), Raquel (sentada), Ángeles (sentada, de costas), Azu (sentada, con perruca branca), Maribel, José Gabriel e María del Mar. Na foto relacionada aparecen diante do almacén da droguería: Pepe (primeiro pola esquerda), Ángel, Azu, José Manuel, Maribel (sentada) e Raquel (sentada)

As Rodrigas, década de 1980

Etiquetas: San Cristovo, Carrozas

Arquivo: José María do Louro