
O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
Dous elementos esenciais da nosa cultura tradicional: a forxa e mailo cabozo. Nesta imaxe unha das forxas que aínda continúa en activo en Riotorto, propiedade de José Mario Cabo Jardón, fillo de José Cabo Villar e neto do Lourín.
Espasande de Baixo, data descoñecida
Etiquetas: Ferreiros
Arquivo: Baldo Cortón