Imprimir
|
Ampliar
O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.
No BOP de Lugo do 5 de xuño de 1846, o xulgado de Mondoñedo puña en busca e captura a Manuel do Rego, de Santa Marta de Meilán. Canda él, a Luis Casariego, residente en Lugo. Outra mostra da extensión da rebelión nas comarcas do interior según o profesor e investigador César Caramés.
A Revolución de 1846 foi un levantamento liberal e galeguista que tivo lugar en Galicia contra o centralismo do goberno de Narváez. Liderado polo coronel Miguel Solís nun contexto de descontento político e social.
O 2 de abril de 1846 as tropas sublevadas proclamaron en Lugo o Goberno Provisional de Galiza, e a insurrección estendeuse por varias cidades e vilas galegas.
O 26 de abril, Solís e doce oficiais foron fusilados en Carral, converténdose nos coñecidos Mártires de Carral, símbolo da loita pola liberdade e polo recoñecemento dos direitos nacionais de Galiza.
Lugo, 1846
Etiquetas: Noticias en periódicos