Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

A sega en Vilarín

Manuela do Portugués e a súa filla, Claudina e Amelia de Cachán, María de Félix e o Cueiro segando o trigo en Vilarín. Ó fondo aparece a casa do Crego onde naqueles anos aínda se cocía o cal

Vilarín (Riotorto), década de 1950

Etiquetas: Sega

Arquivo: Inocencio de Cachán

Fotógrafo: Teodoro