Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

A taberna da Pucheira

A Pucheira tiña a súa tenda nas Rodrigas, primeiro estivo situada na casa de dona Josefa de Murias, onde os días de mercado no pobo, sacaba á venda os cacharros que mercaba en Mondoñedo (os púcaros e os pucheiros, de aí o seu apodo) e logo trasladouse ao lado do antigo e desaparecido bar do Visito, entre este e a casa de Nuca, alí tiña a súa taberna, na que os veciños conversaban con ela e botaban unhas risas e onde tamén vendía, entre outras moitas cousas, queixos, froita, verdura e os tan coñecidos "canastrillos". Na imaxe aparece sentada e acompañada do seu home Manuel (natural de Lorigados e afiador para o Frasio na moa que tiña na Veiga), e de pé os seus fillos María e José, a súa nora Lula e Primo de Rigueiro

As Rodrigas, 1970

Etiquetas: Taberna, A Pucheira

Arquivo: Goretti Gavín