Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2010-12-20 11:34:16

Aproveitamos esta foto para intentar facer unha recompilación das tabernas que houbo en Riotorto. Esta é a lista que teño eu (con asterisco, as que están aínda en funcionamento): en Aldurfe, a do Reino e a de María da Neira; en Espasande de Riba, a de Luciano; en Santa Marta, a de Sachas, a de Costa, a do Correo*, a de Xusto do Vilego (ou da Volta) e a de Arcadio (no Castro); en Vilaseca, a de Gerardo do Coxo e a de José do Ferreiro; en Santalla non había ningunha; no Vilar de Santiago, a do Blanco, a de Teodoro e a do Dios; na Muxueira, a de José Manuel (hoxe de Xilo*); na Augaxosa, a de Daniel de Carmiña; no Chao de Riotorto, a do Maqueto e o Supermercado A Veiga*; en Espasande de Baixo, a de García, a de Abadín, a de Bastián e a de Colás do Muín (ou de Evilasia); no Mazo de Ferreiravella, a de Chavarría e a de Amandino do Lelo; en Ferreiravella, a do Louro e a do Guindo; e nas Rodrigas, a de Visita*, a de Manolo de Nuca, a da Pucheira, a do Visito, a de Ángel, a de Luis (hoxe do Rivas*), a de Aguiar (hoxe de Miguel*), a de Félix, a de Orlando*, a de Rodil*, a de Manolo*, a de Inés da Groba (hoxe de Mary*), e o San Cristovo* tamén na Groba.
Como vedes, a lista inclúe tanto tabernas como bares ou tendas de comestibles. A ver se alguén pode completar a lista coas da Órrea e Galegos, e avisar se falta algunha.

GABRIEL TREITAS LÓPEZ

2010-12-20 17:55:43

EN STA MARTA TAMÉN TIVO TABERNA O MEU TÍO MIRO CANDO MARCHOU PARA INGLATERRA QUEDOUSE CON ELA OUTRO TÍO MEU CHAMADO MANOLO DE RAMONA DE VALENTÍN E CANDO ESTE MARCHOU PARA BARCELONA QUEDOUSE CON ELA ARCADO GAVÍN DO CASTRO. A TABERNA DE XUSTO DO VILEGO ANTES DE ESTAR NA VOLTA ESTIVO NA CASA VELLA DE MANOLO DE OUTEIRO, QUE ESTÁ ENFRENTE A DE PEDRÍN DE PITIS, DESPOIS DE TELA XUSTO TIVOA PEPE DE TREITAS OU PEPE DE JUANA. NO VILAR DE MEILÁN TAMÉN TIVERON UN CHIGRE O TARAMUNDÉS E EUSTASIO DE JULIA. MEU TÍO MIRO TIVO A TABERNA ONDE TEN AGORA A CASA ONDE VIVE, PERO ANTES DE FACELA CASA TIVO UNHA TEMPORADA NA CASA DE CLEMENTE.

TOÑO DO MAZO

2010-12-23 18:42:14

NO CHAO DA VEIGA TAMEN A TUVO BORRAJO, E NA PERTEGA, O SARAFO (A CASA QUE TA O LADO DO TALLER DE GENEROSO)

Pedro

2010-12-23 21:23:48

En Espasande Dabaixo houbo outras tres. A primeira que tivo García estaba na Aldea, ó carón da casa de Roque. Na Ermida houboa na casa da Canteira, que hoxe é onde viven Juan e Silvia e chamábase a da Curva, creo que era dos de Larpadela. E tamén houbo unha en Lorigados, a de Morán; hoxe pouco máis queda co cabozo.

EDUARDO

2010-12-24 14:13:30

--- A DEREITA DE EVA DE BASTIAN ESTA AMALIA DE BASTIAN (MULLER DE BALSEIRO) DESPOIS JOSEFA DO LOURO, ESTRELLA, MANOLO DE FOLGUEIRA "FRAGA" IRMAN DE SEGUNDA DO MILLEIRO, E MARUJA DO LOURO. ABAIXO O UNICO QUE NON SE SABIA E SERAFIN DO PINCHE.

Pepe do Queitano.

2010-12-25 21:51:28

Eduardo, se me adelantou, en identificar alguns da foto. En canto as tabernas, decir que, ainda que eu no na acordo, houbo en ferreiravella, a de Bargueiras, en ferreira de riba. E logo si recordo, que en ferreiravella, tivo taberna Bernardo de Drogas. Primeiro, na casa que era de Dulcina das chairas, que ahora e de Chairas de ferreira,e logo na casa que fixo o lado das escolas de ferreiravella, que mais tarde comprou Emerita de Sebes. Tamen recordo que no perón, tiboa Albina de Larpadela

Carlos Aenlle

2010-12-26 20:51:20

No Mazo de Riotorto, Salustiano do Ferreiro.

Eloi

2010-12-29 20:21:58

Eduardo: grazas pola información, completamos a descrición da foto. Por certo, acabo de darme conta de que detrás de Amalia de Bastián hai alguén que parece que non quería saír na foto, sabedes quen pode ser?
Grazas tamén a Gabriel, Toño, Pedro, Pepe e Carlos pola información sobre as tabernas.

Armando Fiallega Alonso

2011-05-29 17:20:01

En Santalla houbo a taberna de Fiallega, na que tamén había baile. Rexentábana meus pais, José Antonio Fiallega Fiallega e Rosa Alonso Álvarez. Estivo funcionando entre os primeiros anos 50 e principios dos 60, cando decidiron marchar para Foz.

Eloi

2011-05-29 23:37:56

Grazas pola información, Armando. Non tiña constancia de que houbera taberna en Santalla

Máis imaxes

A taberna de Bastián

Veciños da Ermida diante da taberna de Bastián, onde hoxe é a casa de Eduardo de Sebes. Aparecen, detrás, de esquerda a dereita: Manolo de Viñavella, José do Lourín, Eva de Bastián, Amalia de Bastián (muller de Balseiro), Josefa do Louro, Estrella do Caboxo, Mercedes de Bastián, Manolo de Folgueira (coñecido por Fraga, irmán de Segunda do Milleiro) e Maruja do Louro. Diante, de esquerda a dereita: Serafín do Pinche, Pepe de Catalina, Lola do Vilego, Marisé de Outeiro e Germán de Viñavella

A Ermida (Espasande de Baixo), década de 1950

Etiquetas: Taberna

Arquivo: Casa de Viñavella