
O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
Pepín de Lourín é neto do ferreiro da Ermida. De neno, e durante as vacacións, saía alindar as vacas por detrás da casa dos avós, nuns prados en pendente: "Ás veces tiña que correr a tumba aberta porque ós animais non lles facía gracia que xogaran con eles". Hoxendía vive en Murcia e traballa como xornalista na axencia EFE. De mozo escribiu algún artigo en "El Progreso" sobre os ferreiros de Riotorto.
A Ermida (Espasande de Baixo), década de 1960
Etiquetas: Ferreiros
Arquivo: Baldo Cortón