Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Alumnas da escola de Santa Marta

A foto está datada entre 1940 e 1945 e foi sacada nos exteriores da antiga escola de Santa Marta (hoxe casa de Rufina).
Aparecen, de esquerda a dereita, na fila de arriba: Carmen de María Manuela, Irene de Bañal, María de Bañal, Teresa do Monxo, Ernestina (muller do Xeno), Covadonga de Genaro (filla da mestra), Esther de Bañal, Aurorina de Genaro (filla da mestra), Sarita (filla do mestre dos nenos) e Mari Carmen do Correo.
Na fila do medio: Marisol do Pobre, Hermelina do Muiñovedro, Xusta de Armando, Otilia do Carabinero, Flora do Taramundés, dona Aurora Canteli (mestra), Sira de Bouso, Marisa do Pizco, Alida de Sachas, Carmen de Eusebio e Visita do Correo.
E na fila de abaixo: Josefa de Armando, Hortensia de Armando, Finita (irmá de Generoso), Elena do Carabinero, Azucena de Encarnación, Adelina de Hortensia, Pepe López Canteli (fillo da mestra), Domingo de Genaro (fillo da mestra) e Angelita do Correo (muller do Xatón)

Santa Marta, década de 1940

Arquivo: Casa do Vidueiro