Imprimir
|
Ampliar
Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
2025-12-29 19:46:12
Esta foto fue sacada en Riotorto años antes de emigrar a Argentina (Es anterior a 1928)
Retrato de Antonio López Arias e María Josefa Sal González. Antonio, tamén coñecido polo Corelo, foi fotógrafo en Riotorto no primeiro terzo do século. A súa muller María Josefa era natural de SanTirso de Abres.
Máis tarde emigraron á Arxentina e viviron en Bos Aires. Tiveron unha filla antes de marchar, Rosario, que se quedou en España (os seus fillos residen actualmente en Asturias) e logo na Arxentina tiveron outros cinco: Gabriel Antonio, Cesar Alberto, Martín Bernardo, Maria Esther e Eduardo Vicente.
Nas imaxes relacionadas pódense ver 3 fotografías de María Josefa feitas polo seu marido.
Bos Aires, década de 1930
Etiquetas: Emigración, Fotografía
Arquivo: Natalia Beatriz López