O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
Nos prados de Murias aparecen apalleirando na herba seca Pastora (nai de Pepe das Veigas), Josefa do Mazo coa súa filla Carmiña, María Moirón (nai de Inocente e Pepe da Carnicería) e Josefa de Murias
Murias (Riotorto), década de 1930
Arquivo: Alicia do Frasio