Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Mandi do Lelo

2009-12-09 11:05:41

Esta foto esta sacada na casa do lelo (mazo de Ferreiravella),,daquela Josefa do lelo deu clases de costura a moitas rapazas da zoa

Eloi

2009-12-10 16:17:17

Grazas pola información Mandi, xa correximos o mapa

Máis imaxes

As costureiras

Amparo do Louro no taller de costura, coa súa máquina de coser Singer, a principios dos anos sesenta. O oficio de costureira foi un dos máis habituais entre as mulleres de Riotorto na maior parte do século XX. Este mundo das vellas costureiras estaba formado pola vida das nosas avoas e bisavoas, que levando a máquina de coser, nun cesto á cabeza, xunto cos fíos, agullas, tesoiras, dedais... ían coser ás casas das amas que as reclamaban. Acostumaban ir acompañadas dalgunha aprendiz, e o máis frecuente era remendar a roupa que xa se estaba usando. A etapa que lles tocou vivir no seu tempo foi unha época de escaseza e moita necesidade. Mulleres loitadoras coma Mercedes do Gorgullo, de Espasande de Riba, ou Dominica do Vivo, de Santa Marta, compatibilizaron a costura polas casas de Riotorto co resto das labores habituais como era atender as terras, o gando, a familia e a casa

O Mazo (Ferreiravella), década de 1960

Etiquetas: Costureira

Arquivo: José María do Louro