Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Carlos Aenlle

2009-11-07 20:12:22

O que está máis á dereita (detrás de don Vicente) é o que era o secretario do concello Ramón Fernández Valiño, natural de Mosteiro (Pol) e que hoxe en día reside en Ponteareas.

Rubén Carballal

2009-12-01 23:38:32

Aínda que o "colexio" oficial era a casa do Caldeireiro, ata a posta en funcionamento do colexio actual no Pontigo eran as clases de primeiro é segundo. Vaia frío que facía alí!!!!!!

Máis imaxes

As escolas do Pontigo

Foi nas desaparecidas escolas do Pontigo onde moitos nenos e nenas da parroquia de Riotorto recibiron as súas primeiras ensinanzas. Nesta foto do 1970 aparecen os nados a finais dos cincuenta e primeiros anos da decada dos sesenta. Máis tarde coa concentración escolar as aulas comezarían a darse na casa do Caldeireiro nas Rodrigas.

O Pontigo, 1970

Etiquetas: Cura

Arquivo: Federico Gutiérrez