Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

As peras de péparo

Riotorto foi desde sempre terra de boas árbores froiteiras. Testemuña desto é o artigo aparecido no ano 1941 no xornal "El Compostelano", asinado polo cronista de Mondoñedo Eduardo Lence-Santar, no que comenta:

"Pro en poucas partes do mundo s'atoparán peras pr'a compota, como as de péparo, de Riotorto. ¡Ai as peras de péparo! ¡Mau! Cocidas a modiño, de peladas, con viño branco ou mouro, con azucre d'o mouro e canela, ¡así Dios me salve si hai cousa n-o mundo que millor sepa!

¡Non, ni o mêl sabe coma elas!

Contan que Bermúdez de Riotorto, finado fai xa anos, pagaba pol-a Noitebra tres pratos d'os fondos, de Sargadelos, cheos de compota d'as peras de péparo; e din que, despois de papalos, decía: "Si soupera que me prestaban, ainda papaba outros tres" ¡Dios teña n-o Ceyo a meu abó, que prantou as pereiras!"

Santiago de Compostela, 1941

Etiquetas: Froita

Arquivo: Asociación Cultural Arrincadeira