Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Atentado contra Alfonso XII

O 30 de decembro de 1879 o rei Alfonso XII e a súa dona María Cristina de Habsburgo-Lorena recibiron varios disparos en Madrid. O autor dos mesmos foi detido inmediatamente e resultou ser Francisco Otero González. Francisco traballaba nunha pastelaría e era natural da parroquia de Lindín (Mondoñedo). Foi condenado á pena de morte en garrote vil e executado o 14 de abril de 1880 no Campo de Guardias, no barrio madrileño de Chamberí.

Francisco Otero González fora bautizado na igrexa parroquial de Santiago de Lindín o 14 de marzo de 1860. Era fillo de José Otero Alonso, natural de Lindín e de Josefa González, natural de Santa Marta de Meilán. A familia residía na vivenda coñecida como “do Valadouro” no barrio do Castro en Lindín. A prensa da época describe a Francisco Otero da seguinte forma: "de baja estatura, fornido, de buenas carnes, de color blanco y de pelo castaño” e relacionábano con células anarquistas.

O 31 de diciembre finalizada a Misa Conventual, en Mondoñedo, cantouse "un solemne Te-Deum, de acción de gracias al Todopoderoso, por haber salvado la vida de SS. MM. del atentado que acaba de cometerse contra sus personas", segundo relata Andrés García Doural

Madrid, 1879

Arquivo: Andrés García Doural