Riotorto no tempo

Cerimonias

Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Mar

2013-02-27 13:47:29

O que leva o cirio da esquerda e meu primo!! Que pequeno!! O coñecin de maior, vive en Bilbao.Encantábanme a súa mai Albina e seu pai Secundino.Os meus tíos.

Máis imaxes

Bendición da nova igrexa de Riotorto

Ao fondo aparece a casa de Drogas. As columnas que aparecen a dereita correspóndense coa idea orixinal de facer un soportal nese lado da igrexa. Na procesión: Suso da Madrileña e de Pepe de Rosende, do Hortovello, co cirio da esquerda; Pepe de Albina, da Pértega, coa cruz; Balbino do Barbeiro, do Hortovello, co outro cirio; e José do Abelleiro (?), de Val, co incensario. Detrás: don Mariano Vega Mestre, bispo da diocese, bendecindo; Xusto Moirón; don Antonio Prieto Quintana, crego da parroquia; e outro crego que non coñecemos

As Rodrigas, 1956

Etiquetas: Bendición

Arquivo: Xusto Moirón