Riotorto no tempo

Cerimonias

Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Camiño da misión

Nesta foto de 1950, podemos ver a varios veciños de Espasande de Baixo que se dirixían a unha misión que tivo lugar en Santa Marta de Meilán. Levaban a imaxe da Virxe do Mosteiro, patrona da parroquia, sendo as súas portadoras Lita do Maestro e Carmen da Cruz (diante) e Remedios de Bureira (detrás), non podemos ver a outra persoa que a levaba. Entre a xente podemos ver, entre outros, empezando pola esquerda e de atrás para diante, a Manolo de Leivas, Digna da Cruz, Toño do Fidalgo, Víctor do Sabelo, Xusto da Cruz, Bastián vello, Josefa do Baralleiro, Josefa do Louro, Hortensia do Caneiro, Virgilia de Farruquín (?), Josefa de Rocha (de loito pola súa nai, ó igual ca Lita). Á dereita da imaxe: o Rodeiro do Navallo, o Bagolo (?), Nicasio de Morán e Pepe do Rodeiro

Espasande de Baixo, 1950

Etiquetas: Procesión, Misión

Arquivo: Casa de Rocha