Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Carta para a fronte de guerra Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

María José Rivera Mourelle

2021-01-16 16:24:28

Quien recibe la Carta, es mi abuelo. Me gustaría tener más información de ella. Gracias. Y saber cómo se ha localizado. Mil gracias.

Máis imaxes

Carta para a fronte de guerra

O alzamento dos militares sublevados contra a República abriu unha etapa de profunda represión contra o pobo galego, a pesares de que Galiza non foi campo de batalla, ó quedar en zona franquista dende o primeiro momento. A consecuencia desto moitos riotortenses víronse obrigados a loitar a favor dos golpistas. Foi o caso de Venancio Mourelle Braña (Venancio de Larpadela). Esta é unha carta que lle envía o seu pai Manuel á fronte de Málaga, onde se libraron duras batallas a finais de 1936 e principios de 1937. Venancio participou na 4ª compañía, comandada polo tenente coronel Gómez Cobián. Rematou os seus días nas terras de Valdeorras

Peñarrubia (Málaga), 1936

Etiquetas: Militar

Arquivo: Asociación Cultural Arrincadeira