Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Casa de Pizca na Praza das Rodrigas

A casa de Pizca conservaba na parte superior da fachada un escudo do século XVIII, dividido en tres cuarteis: no superior podíase apreciar o "M" da familia Montenegro, e nos inferiores, o da esquerda estaba subdividido con cinco flores de lis enriba e un león embaixo, e o da dereita presentaba un castelo dunha soa porta, dúas ventás e tres ameas. Aínda que a casa foi derrubada fai uns anos, o escudo conservouse, pasando a ser propiedade dun particular. Á esquerda vemos a placa co nome que daquela tiña a praza: "Plaza de José Antonio Primo de Rivera", co emblema falanxista do xugo e as frechas.
A fotografía corresponde a unha procesión do San Cristovo do ano 1963. O Bar América, nos baixos da casa, rexentábao daquela Daniel de Borrajo

As Rodrigas, 1963

Etiquetas: Procesión, San Cristovo

Arquivo: Alicia do Frasio