
Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
O cemiterio de Colón está catalogado como a necrópole máis importante de América. Alí xacen máis de cincuenta mil galegos nos panteóns das Sociedades e máis en tumbas particulares, algúns deles orixinarios do noso concello. Os emigrados riotorteses organizáronse na "Sociedad de Emigrados de Riotorto". A asociación posúe un panteón neste cemiterio.
Na imaxe aparece un membro da familia Lodos de Riotorto a carón da tumba da súa dona. Esta fotografía foi enviada desde A Habana a Jose María Lodos Méndez, de Riotorto, en formato postal. Na imaxe relacionada pódese ver o reverso, cunha nota manuscrita. Naqueles tempos a maneira de dar fe da morte dun familiar entre a xente emigrada e as súas familias en Galiza era a través da fotografía, ben das súas tumbas ou mesmo coa do propio morto
Cemiterio Colón, A Habana (Cuba), 1920
Etiquetas: Emigración
Arquivo: Casa de Potes