Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Cinta bordada para un xogo de festa

Esta cinta que con agarimo garda Azucena Mazón, foi bordada por Marita de Carballeira no ano 1958. O mozo que cun punzón logrou collela foi o seu irmán Pepe Mazón. Todo isto formaba parte dun xogo que se celebrou nas festas de Riotorto de metade de século. Nestoutra foto pódese consultar máis polo miúdo en qué consistía o xogo

As Rodrigas, 1958

Arquivo: Azucena Mazón