Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Clase de ximnasia

O seminario Santa Catalina de Mondoñedo foi ata os anos oitenta o destino de moitos mozos de Riotorto. Alí puideron continuar os seus estudos e a súa formación. Na imaxe, un cura dirixe unha clase de ximnasia no patio do seminario. Un dos nenos é Germán de Viñavella

Mondoñedo, 1966

Etiquetas: Cura, Seminario

Arquivo: Casa de Viñavella