A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
Nesta imaxe do 13 de xullo de 1958 aparece un combinado de xogadores de Riotorto e máis da Pontenova. Naqueles anos era habitual reforzarse desta maneira cando se xogaba contra equipos doutros pobos (Mondoñedo, Vilanova, A Veiga, Meira, Taramundi...). A foto foi tomada no campo de Muruais en Goios, e nela aparecen, de pé: Pepe do Navego, Xusto Moirón, ?, Ramón Méndez (do médico da Pontenova) e Toñín de Goios. Agachados: Rojas, Miro do Violo, Pin da Pita e Virgilio de Nuca
Goios (A Pontenova), 1958
Etiquetas: Fútbol
Arquivo: Xusto Moirón
Fotógrafo: Lombardero