Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Concurso de pesca

O mestre de Santa Marta Antonio Veres Roibás foi pioneiro na organización de actividades extraescolares, facendo fincapé sobre todo na práctica deportiva.
É o caso desta saída ó Valadouro para participar nun concurso de pesca, no que resultou gañador Suso da Pértega (na foto mostra orgulloso a copa de campión). Pola tarde celebrouse un partido de futbito na categoría alevín, no que participaron Chiquilín e Monchín do Caboxo, entre outros. Na imaxe aparecen en primeira liña Venancio de Petís, Benjamín da Ferraría, Suso da Pértega, Pepín de Ceferino, Canaval, Piti e Carlos do Gas. E subidos no autobús, Pepín do Xatón, César da Muxueira, Gina (a muller de Antoñito do Louro) e Monchín do Caboxo.
A fotografía está selada por "Foto Marciana" de Ferreira do Valadouro

Ferreira do Valadouro, década de 1970

Etiquetas: Pesca, Outros deportes

Arquivo: José Iglesias "Piti"