Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Curso 1982-1983 Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

silvina

2010-01-14 17:04:06

Meu Deus ! Canto choveu dende entón ! Eu recoñecinme mais tamén me custou na foto de branco é negro saber quenes eran os meus compañeiros . Na de cor estaba moito máis doado , lémbrome con moito cariño daquel grupo de rapaces que formábamos o curso , eramos ben boíños . Un saúdo para todos , penso que deberíamos facer o posible por xuntarnos unha vez máis , estaría ben!

Primo Trabadelo

2009-12-24 00:37:30

Xa me olvidara de algunhas das caras dos meus compañeiros de curso, na foto de branco e negro non e que os conozca a todos, a min si que me atopei, pero na de cor recordeinos a todos, eu non estaba pois non ia as excursions, daquela habia que traballar, pero e un grato recordo volver a ve caras das que xa non me acordaba, so se me escapan tres ou catro nomes, os outros recordoos todos. Saludos para todos os compañeiros da foto, e gracias por poñer as fotos

enedina

2010-01-29 23:36:16

Hola rapaces, xa choveu eh, eu tampouco non lle poñía cara a moitos dos meus compañeiros, en branco e negro costoume, pero na de cor todo quedou mais claro. Que recordos que ben o pasábamos. Saúdos para todos, e a ver si nos xuntamos algunha vez.

Primo

2010-04-04 03:13:42

Eu estou de acordo con xuntarnos todos unha vez mais, pero vai ser dificil, cada un ten a sua vida feita, e mais de un lonxe, seguro, de momento so entramos 3 na paxina, a saber que foi do resto, pero seria bonito xuntarnos, para recordar os vos momentos, e de paso saber que foi de mais de un e de unha, o dificil será poñerse en contacto con todos. Unha pena.

Lulyta

2011-04-19 23:54:38

Bueno despois de tantos anos volvemos a recordar esos tempos e esas cariñas que pensando ben non cambiamos tanto jaja, Vamos a intentalo rapaces hay que volver a verse e coa axuda de todos vos vamosa facelo.Témos que reunirnos ainda que nos leve tempo, pero unha axudiña non viría mal. Intentádeo é poñedevos en contacto. Un saudo a todos.

Máis imaxes

Curso 1982-1983

Os rapaces de oitavo da E.X.B. sacaron esta fotografía na pista do colexio, o día en que recibiron as notas de fin de curso. Na imaxe relacionada aparecen tamén durante a excursión organizada como remate dos estudos escolares. Beatriz, Antonio, Elsa, Esther, Eduardo, Gabriel, Ana, Olga, Silvina, Ricardo, Aurita, Carlos, Rosa, Miguel, Pepe Lodos, Juan, Rosendo, Aurora, Montse, Enedina, Enio, Margarita, María Eugenia, Mari Luz, Primo, Azucena e José Antonio forman parte da segunda promoción de riotortenses que saíu do "colexio novo"

As Rodrigas, 1983

Arquivo: Chelo da Carnicería