A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
Carlos de Carlos e José María Moirón, nunha escena de caza. Sobre as habilidades de Moirón para a caza escribe Álvaro Cunqueiro no libro "Cocina Gallega": "Un curmán meu, gran cazador, José María Moirón, de Riotorto, no arcediagado de Miranda, tódolos anos mataba algún corzo na fraga de Rioseco, unha selva espesa na que o lobo se esconde, e sobre a que sempre voan aves de rapiña (...) E se un corzo se comía asado, o outro ía para chacina". A fraga de Rioseco, na parroquia mindoniense de Santa María Maior, é citada varias veces na obra de Cunqueiro. Atravésaa o antigo camiño, hoxe estrada, que une Riotorto e Mondoñedo, pola Cruz da Cancela
Riotorto, década de 1920
Etiquetas: Álvaro Cunqueiro, Caza
Arquivo: Xusto Moirón