Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
Era costume que amigos e veciños despediran ós mozos que lles tocaba incorporarse a filas mentras o servizo militar no exército español foi obrigatorio. Na imaxe aparecen Manolo e Miguel de Burones, Manolo de Luna, Pepe de Xuco, Angelito de Minguín, Marisé do Mairazo e Pilar de Cosme na comida de despedida de Manolo de Burones. Regaláronlle un ramo de loureiro adornado con caramelos e cigarros
Galegos, década de 1980
Etiquetas: Mili
Arquivo: Consuelo Fernández Couso