Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Laura

2010-03-15 23:26:33

Hai un erro no comentario sobre a foto. Germán de Viñabella non aparece. O que aparece é, como ben está escrito, Manolo de Viñabella, entre Mino e un que cremos que debe ser Fontes.

Eloi

2010-03-16 19:38:38

Grazas Laura, xa está correxido. Precisamente estabamos en dúbidas se era Fontes ou Germán, meu pai dicía que non debía ser Fontes porque é maior có resto dos que saen na foto, pero debe ser el

Máis imaxes

Despois do partido

Un grupo de amigos posan na sala de trofeos do bar de Félix despois de xogar un partido. De esquerda a dereita, de pé: Juan Manuel do Zapateiro, Cado de Guxín, Venancio do Caneiro (?), Sé de Fontes, Manolo de Viñavella, Mino do Vaquillo, Pepe de Xirómeno e José Luis de Bouza (que xogaba de porteiro no Milagrosa). Sentados: Pepe de Vila, o Arrieiro, Pedro de Guxín, Nino de Félix e Manolo e Cándido da Franqueira (estes dous irmáns de Gabelo e de Pepe do Rivas). O partido xogouse probablemente no sitio onde hoxe está o colexio

As Rodrigas, década de 1970

Etiquetas: Fútbol

Arquivo: Pepe do Rivas