Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.
2009-10-04 23:18:12
Na fila de sentados, o que está no centro e José de Porrás, tio de Pejerto. A sua izquierda está Pepe do Queitano, que no comentario chamaislle Antonio, e que foi presidente de ese club. A izquierda de Pepe, está Segismundo, que estaba casado con Antonia do Queitano. O que está a izquierda, con gafas, e Cacharrón,naceu no Mazo de ferreiravella, era primo de José Mª do queitano. Na fila datras, o que está sin pelo, e José de Adolfo, do Mazo de Ferreiravella, irman do que foi cura de Villamea, D. Xuxto de Adolfo.
2009-10-06 23:12:08
Grazas pola información, Pepe. Eses de Adolfo, teñen algo que ver con Adolfo Rivas Bermúdez? Foi un dos fundadores do xornal "El Agricultor" en 1907, e tamén foi fiscal municipal.
2009-12-25 21:49:08
Comentando con miña mai, di que o tal Adolfo Rivas, era o pai do cura de Villamea.
2009-12-28 11:10:39
Grazas pola información, Pepe. No xornal "El Agricultor" ven máis información sobre Adolfo: foi directivo da Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto, redactor de "El Agricultor", fiscal municipal entre 1909 e 1912 (con Venancio Gavín como xuíz) e xuíz municipal entre 1912 e 1916. Tamén se di que tivo un neno en outubro de 1913, que ben podería ser o cura de Vilameá
Comisión directiva de Riotorto Asociación Mutual, organización que agrupaba aos emigrantes do noso concello na Arxentina. Na foto aparecen, entre outros: Julio Gavín Lombardero (da casa do Trigo de Chacín), Gerardo Lourido Lorigados (de Vilaseca), Segismundo Trabada (de Rececende), José González Rodríguez (da casa do Queitano de Ferreiravella), José de Porrás (de Espasande de Baixo), Cacharrón (do Mazo de Ferreiravella) e José de Adolfo (tamén do Mazo). A foto foi feita na sede social, o Club Riotorto, na localidade de Vicente López, provincia de Bos Aires. A asociación foi fundada no ano 1923 co nome de Hijos del Ayuntamiento de Riotorto en el Plata, sendo un dos seus fundadores Amador Pérez, fillo de Luis Pérez González (Fontes), alcalde de Riotorto no século XIX. A entidade disolveuse no ano 2001, doando o seu patrimonio ó Centro Galego de Bos Aires. Jorge Raúl Pérez, neto de Amador, foi o seu último presidente
Vicente López (Arxentina), década de 1960
Etiquetas: Emigración
Arquivo: María Delia Gavín