
Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.
2015-12-14 18:08:30
a maestra chamase Josefa Iglesias,( alias,fina de penalba) do concello de castro de reí, na feira de castro
A foto corresponde a xuño do 1974. Manuel Calaza e maila mestra de Ferreiravella entregan unha medalla a Luis Comendeiro, do 7º curso de EXB. O equipo de Luís gañou a liga de fútbol do colexio de Riotorto que se organizaba por cursos. Nese equipo tamén participaban José Eugenio Rodríguez Pol (fillo do carteiro de Santa Marta), Gallego (Santa Marta), Agustín Acebrás, Luis Comendeiro, Pepe de Bouso (Vilaseca), Daniel Rico Fernández (A Órrea), Agustín de Candaede (q.e.p.d.) e Moisés (Lorigados) como se pode ollar na imaxe relacionada
As Rodrigas, 1974
Etiquetas: Fútbol
Arquivo: José Luis Comendeiro