Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Episodio da guerra carlista en Riotorto Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Episodio da guerra carlista en Riotorto

O 20 de decembro do ano 1.835, o Alcalde do Concello de Riotorto (Pedro Valentín Iglesias, que residía no Grandal), á fronte dun grupo de veciños da parroquia de Santa Marta de Meilán, atacan unha partida carlista no lugar de Rececende, conseguindo dispersala e capturar a catro dos seus compoñentes, os cales foron inmediatamente trasladados e ingresados no cárcere de Mondoñedo. Na cidade Episcopal son pasados polas armas os días 28 e 29 de decembro de 1.835. Os nomes dos fusilados eran: 1) Ramón Lipín. "El 28 de decembro de 1.835 murió administrado de los Santos Sacramentos de Penitencia y Eucaristía. Ramón Lipín, vecino de la parroquia de Santiago de Martín, Ayuntamiento de Baleira, Obispado de Lugo, pasado por las armas y en el mismo día fue conducido su cadáver al Campo Santo de esta ciudad". 2) Joaquín Graña Gómez, veciño da parroquia de Santa Eulalia de Piquín, Bispado de Lugo. O día 29, morre fusilado tamén en Mondoñedo. 3) Antonio Saavedra González, veciño da parroquia de Santiago de Martín, Concello de Baleira, Bispado de Lugo e 4) Miguel Barreiro Alonso, natural da parroquia de Santiago de Bayón, Bispado de Tui. [Arquivo Diocesano de Mondoñedo, parroquia de Santiago, libro 15 de defuncións, folios 162 volto e 163].Información obtida do blog de Andrés García Doural

Na fotografía aparece un recorte do xornal El Español onde se fai mención a dito suceso. E na imaxe relacionada pódese visualizar a cabeceira do xornal correspondente ó 7 de xaneiro de 1836, día da publicación da nova

As Rodrigas, 1836

Etiquetas: Política

Arquivo: Asociación Cultural Arrincadeira