Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Excursión á Coruña

Un grupo de veciños de Ferreiravella foi de excursión á cidade da Coruña no ano 1964, nunha viaxe organizada por don Hipólito Barata García (agachado, no centro da foto), que durante moitos anos foi crego desa parroquia e máis da de Aldurfe. Entre outros aparecen Pepe de Bastian, Marisa do Crego, Amparo do Louro e a súa irmá Otilia do Coronel. A foto puido ser sacada en Coirós, con motivo da parada que fixeran para ver a final do campionato de Europa de fútbol, no que España derrotou á Unión Soviética co famoso gol do galego Marcelino

Coirós, 1964

Etiquetas: Cura

Arquivo: Francisco Rivas Chavarría