Imprimir
|
Ampliar
O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
Jose María Cabanas, coñecido popularmente como O Caldeireiro, encargábase de facer a meda e, logo de mallar, tamén de facer o palleiro. Nesta foto aparece levantando un mollo de palla cun forcado. Auxilia do Corelo (muller do fotógrafo Antonio López Arias), un indiano suxeitando o cabalo, Jose María Moirón (de caza coa escopeta e o can) e o Mañego (encima do palleiro coa forquilla) completan a escena
Riotorto, década de 1920
Arquivo: Xusto Moirón