
O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
Federico González Iglesias (1908-1994), coñecido por Federico da Tomasa, na súa forxa de Espasande de Baixo, na que hoxe segue traballando o seu fillo Suso. Federico, xunto co seu irmán Manuel, foi un dos ferreiros que traballaron no mazo de Bastián, hoxe en ruínas
O Pedregal (Espasande de Baixo), década de 1980
Etiquetas: Ferreiros
Arquivo: Hortensia de García