Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Ferreiros no mazo de Chavarría

Walter Ebeling foi un etnógrafo alemán que estudou o folclore e a dialectoloxía da parte oriental da provincia de Lugo. Realizou tres viaxes a Galicia, nos 1928, 1929 e 1933. Nesta última visitou o concello de Riotorto; en concreto sabemos, polas fotos que realizou, que pasou por Ferreiravella, Espasande de Baixo, As Rodrigas e Espasande de Riba. Nesta foto podemos ver o interior do antigo mazo de Chavarría, cos ferreiros traballando nel. Este mazo, un dos tres que existían no noso concello, estaba situado no pobo do Mazo, na parroquia de Ferreiravella. Foi desfeito nos anos oitenta do século pasado e transformado en cabana.

O Mazo (Ferreiravella), 1933

Etiquetas: Ferreiros

Arquivo: Walter Ebeling

Fotógrafo: Ebeling