Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Xavier do Xatón

2010-03-04 00:10:27

Iso si que era deporte! Era a volta ciclista "As Rodrigas-O Mazo de Ferreiravella-As Rodrigas. A foto, debe datar do ano 1982 xa que nos regalaran as camisetas do Mundial. Se seguimos enumerando á xente, e empezamos pola dereita, o segundo é meu irmao Toñín do Xatón e o terceiro é Oscar. Eu estou detrás do cuarto ciclista contando pola dereita e soamente se me ve a cabeza e a melena. Veña pra diante!

Rubén Carballal Gasalla

2009-12-23 20:21:47

Lembro esta imaxe, eu son o que está máis a esquerda de camiseta amarela cas mans diante da boca. Podemos ver a Moncho de García, Santiago, Luciano de D. Agustín...

Oscar

2011-03-23 21:28:50

... moito me costou subir ata a Cruz de Espasande de Abaixo. Gañou Agustín de Faustino ( pero e que tiña bicicleta de carreiras)

20 DE OCTUBRE 2013. EU TAMÉN PARTICIPEI. J.J.G .C.

2013-10-20 12:50:58

Eu tamén participei nesta carreira ,é"NUNCA TANTA VERGONZA PASEI, SUBINDO POR DIANTE DO BAR Ó VOLANTE TUVERONME QUE ARREPUXAR........ DIOS MIO QUE VERGONZA " ..

Máis imaxes

Festa da bicicleta

Aproveitando as festas de Riotorto organizouse unha marcha ciclista ata Ferreiravella.

As Rodrigas, 1982

Etiquetas: Outros deportes

Arquivo: Faustino do Mazo