
A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
2009-08-30 20:20:19
Creo que o que se dice que e Faustino, e Delfín do Mingacho. Tampouco recoñezo ningun Villada, e pareceme Paquin do Campón, o que está o lado de Eduardo.
2009-08-30 21:21:08
Efectivamente non está ningún Villada na foto. Sabes onde pode estar feita esta foto? e gracias por aportar estos datos
2011-08-04 18:55:35
A foto esta feita o día da festa en Aldurfe, por o fotografo Villada
2011-08-05 09:37:29
Actualizamos a descrición. Grazas polo aporte
Eduardo de Sebes, Paquín de Campón, Pedro do Caseiro, Pepe de Barrigas, Casto, Delfín do Mingacho, José do Lelo e José da Taranxa posan un día de festa en Aldurfe
Aldurfe, década de 1960
Arquivo: Catalina do Mazo
Fotógrafo: Villada