Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

oscar murado

2010-04-23 22:21:24

dixo antoñito do alvare que o que aparece agachado xunto a el e juan do veciño

Eloi

2010-04-26 15:45:38

Grazas Óscar, poñémolo na descrición da foto

Máis imaxes

Festas en Aldurfe

Antigamente en moitos pobos acostumábase celebrar unha festa polo inverno e outra polo verán. Na parroquia de Aldurfe a do inverno era na honra da Virxe da O e a do verán na de San Pedro. Nunha destas festas, durante os anos sesenta, aparecen na fotografía un grupo de amigos. De pé: Serafin de Tuxo, Olegario de Vilar, Celestino de Baltasar e Clemente do Franco. Agachados, Antoñito de Álvare e Juan do Veciño

Aldurfe, década de 1960

Arquivo: Eva Vilar