Riotorto no tempo

Cerimonias

Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Mar Mourelle

2013-02-19 14:51:17

A dereita van as fillas da miña prima Marité,Enma e Sonia, as dúas de gafiñas, joo!! que recordos velas tan pequenas.Eu me lembro de ver traballar na sastrería a rapazas e rapaces cosendo nos banquitos baixiños e o satre nun mesa para min enorme ,cortando.Entraba nela coa miña tía María,que vivía na casa Borrajo diante da queixería Río co meu tío Daniel.Agora vive no Mazo coa filla Marité

Máis imaxes

Fiúncho e espadanas no día das comunións

O día das comunións era costume engalanar a Praza das Rodrigas con fiúncho e espadanas que previamente os nenos se encargaban de recoller, como se pode comprobar nesta foto de principios dos anos noventa. Ó fondo aparece a antiga casa de José Luis de Carrao. As portas de cor verde eran do local onde estivo a xastrería de Pepe de Julio

As Rodrigas, década de 1990

Etiquetas: Comunións

Arquivo: Casa de Potes