Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Foto familiar en Espasande de Baixo

Nesta foto tomada alá polo ano 1947, vemos na fila de diante a Mercedes Rivas Gavín (Mercedes de Bastián) e a súa curmá María Delia Gavín Balseiro (hoxe residente en Arxentina, é quen cede a foto). Detrás, a da esquerda é Delfina Rivas Gavín (nai de Elías de Santa Marta). As tres son descendentes de irmáns de Venancio Gavín Gallo, un dos fundadores do xornal "El Agricultor"

Espasande de Baixo, 1947

Arquivo: María Delia Gavín